A Consellería de Educación, Universidade e Formación
profesional acaba de publicar a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a
participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para
adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado
en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en
centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
O prazo de solicitude empeza mañá 20 de maio e remata o 19
de xuño de 2020.
Poden solicitala:
· en
liña na sede electrónica de la Xunta de Galicia no seguinte enlace: Solicitude electrónica (É preciso dispor de
certificado dixital o «Chave 365».
· presencialmente
no centro en horario de 10:00 a 13:30
Para máis información, poden chamar á secretaría do centro e
consultar o Portal da Consellería de educación aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario